A Confraría
A Confraría de Pescadores Santo André de Lourizán nace o día 30 de novembro de 1950 co obxecto de defender os intereses do colectivo pesqueiro da pontevedresa parroquia de Lourizán.
A día de hoxe e de acordo coa Lei de Pesca Marítima do Estado, coa Lei de Pesca de Galicia, co Decreto de Confrarías de Pescadores e as súas Federacións, e cos seus Estatutos é unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro, que representa os intereses económicos, sociais e corporativos do sector pesqueiro e marisqueiro.
Conta con 186 membros, e no seu ámbito territorial, exercen a súa actividade uns 500 profesionais do sector pesqueiro das confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra, así como mergulladores destas entidades ademáis das de Marín, Bueu, Portonovo ou Sanxenxo.
marzo 2025 |
||||||
---|---|---|---|---|---|---|
lun | mar | mié | jue | vie | sáb | dom |
1
|
2
|
|||||
3
|
4
|
5
|
6
|
7
|
8
|
9
|
10
|
11
|
12
|
13
|
14
|
15
|
16
|
17
|
18
|
19
|
20
|
21
|
22
|
23
|
24
|
25
|
26
|
27
|
28
|
29
|
30
|
31
|

Instalacións
A Confraría de Pescadores de Lourizán conta cunha sede social e administrativa, onde se xestiona a operativa corrente da entidade, sita na rúa do Areal, 6 – Lourizán, Pontevedra.
Conta asemade cun posto de control de marisqueo a pé onde se depositan as capturas das mariscadoras previo á poxa na lonxa e un punto de descarga autorizado na dársena de Praceres-Lourizán onde desembarcan a pesca as embarcacións da entidade, ademáis de dous almacéns de pertrechos.
Por outra banda, e como parte conformante da agrupacion de interese económico “Lonxa de Campelo, AIE”, dispón de espazos nesa instalación portuaria.
Mantén convenios coa Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra co obxecto de dispór de aulas de formación e almacéns no recinto do Porto de Marín.
Servizos
Os servizos que ofrece a confraría son amplos. Inclúen, dende a redacción, presentación e xestión dos plans de produción e de explotación das diferentes modalidades de pesca (marisqueo, mergullo, enmalle, nasas…) ata a prestación de asesoramento en materia laboral, contable e fiscal aos seus asociados, pasando polos servizos administrativos vinculados á renovación de permisos e licenzas, control de pesca de lecer nos ambitos marisqueiros, e vixilancia dos recursos pesqueiros a través do Servizo de Control de Acceso ao Recurso que conta con catro gardapescas.

Lourizán, o mar que permanece
Coñécenos un pouco mellor e descubre as profundidades da ría de Pontevedra coa axuda da TVG e os nosos protagonistas, as mariscadoras e todos aqueles que día a día traballan e aman o mar desta ría. Ao longo do reportaxe móstranse as tarefas diarias e as entrañas do mar, así como a súa gran riqueza e beleza. Se quedou coa vontade de descubrilo, faga clic na foto da esquerda e disfrútaa.
Noticias
17 Jul 2023 - Noticias
2ª anualidade do Proxecto para Recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade en zonas enlodadas do banco marisqueiro de Placeres na Confraría de Lourizán
A Confraría de Pescadores de Lourizán veu de rematar no mes de xuño un proxecto de Biodiversidade para mellorar...
23 Jun 2023 - Noticias
As Confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra retiran as algas na ría cunha máquina aspiradora e compactadora que revolucionará o sector
Fonte orixinal: CRTVG Fai pacas de 400 quilos que en bruto serían 4 toneladas de algas O sistema...
12 Jun 2023 - Noticias
Atún varado en el banco marisquero
Un atún de 100 Kg aparece varado en el banco marisquero de Lourizán el martes 6 de junio de...
12 Jun 2023 - Noticias
O marisqueo de Lourizán, presente na web de Associated Press
A prestixiosa axencia de prensa norteamericana Associated Press veu de publicar na súa páxina web unha reportaxe sobre o...
Posts Navigation
Actividades
Achégarte ao mar e descubre o auténtico mundo da pesca artesanal, e no noso día a día, a través de visitas guiadas, rutas gastronómicas, excursións marítimas e talleres didácticos para pequenos grumetes.