A Confraría de Pescadores de Lourizán veu de acometer no período 2023-2024 o Proxecto integral para operacións de salvagarda do medio establecendo condicións de control para actividade social e económica sustentable 2023/24.
Os obxectivos perseguidos foron basicamente os seguintes:
- Control de acceso aos recursos pesqueiros e marisqueiros, vixilancia e salvagarda dos bancos marisqueiros.
- Loita contra o furtivismo.
- Control de capturas aos profesionais do sector e resembras dos excedentes.
- Control da pesca de lecer no ámbito das autorizacións marisqueiras.
- Apoio ás FFCCSE no ámbito das súas funcións.
Os resultados obtidos ao longo do devandito período foron satisfactorios, acadándose:
- Correcto control de acceso ao recurso dos profesionais
- Redución salientable do furtivismo na súa área de actuación
- Ordenación da pesca de lecer e á obtención de cebo vivo nas áreas autorizadas
- Colaboración constante coas FFCCSE na loita contra o furtivismo
O dito proxecto foi realizado contando co apoio financeiro da Unión Europea a través do FEMPA, quen aportou un total do 70% da axuda por importe de 52.120,80 €, destinados aos custes do persoal contratado para o dito fin, repartidos do seguinte xeito:
- Anualidade 2023: 26.060,40 €
- Anualidade 2024: 26.060,40 €
Celebrouse unha xornada de difusión entre os afiliados á entidade, co fin de pór en coñecemento os logros obtidos entre a masa social da entidade.