A confraría procedeu á adquisición de dúas transpaletas de aceiro inoxidable por un importe de 4.280,00 €, adaptadas para o traballo en contornas de alta humidade e salinidade, co fin de dotar ao posto de control do marisqueo a pé e ao centro de descarga dos produtos da pesca da entidade de ferramentas que permitan o movemento de cargas dentro destas instalacións, mellorando así as condicións de traballos do persoal encargado das ditas funcións.
O finanzamento dos citados elementos correu a cargo dunha axuda concedida ao abeiro da Orde do 23 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). A porcentaxe da subvención acadou o 100% do investimento (25% a Comunidad Autónoma e o 75% o FEMP).